Preto de 5.000 espectadores seguiron os concertos da XXXV Semana do Corpus

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A XXXV Semana do Corpus Festival de Música Cidade de Lugo rematou o pasado sábado 9 de xuño cun grande éxito de público. O ambicioso programa deseñado para a edición deste ano atraeu preto de 5.000 espectadores que seguiron os 16 concertos do festival e supuxo un promedio de asistencia do 97% do aforo.

O público chegou de distintos puntos de Galicia e tamén de fóra da comunidade, o que ratifica a repercusión deste festival que xa está considerado un dos máis importantes de España de clásica e o único que oferta un cartel de concertos desta extraordinaria calidade de xeito gratuíto.

Por outra banda, esta actividade organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, tivo un seguimento na prensa especializada tanto española como europea.

Noticias relacionadas