Ramón Suárez, experto mundial na industria 4.0, ofrece un obradoiro formativo aos emprendedores do Inicia Coworking

Mércores, 26 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ramón Suárez, experto mundial na industria 4.0, ofrece un obradoiro formativo aos emprendedores do Inicia Coworking

Ramón Suárez Alonso, un dos maiores expertos a nivel mundial na Industria 4.0 ou a fábrica intelixente, ofreceu este mércores un obradoiro formativo aos emprendedores e emprendedoras lucenses que participan na segunda fase do plan de apoio gratuíto ao emprendemento Inicia Coworking, que impulsa o Concello en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Suárez é profesor da Escola de Organización Industrial da Universidade de Vigo, presidente da Asociación de Mentoring de Galicia, mentor do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), asesor da Comunidade Europea e experto da ONU en materia da Sociedade da Información.

Con este obradoiro, ao que asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, continúa a actividade da segunda fase do programa Inicia Coworking, que conta con mentores e poñentes de moi alto nivel, ao igual que na primeira quenda.

Neste nova etapa do proxecto toman parte 20 emprendedores, que recibirán durante cinco meses de xeito gratuíto apoio integral, individual e personalizado aos emprendedores e emprendedoras de Lugo para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando así a súa viabilidade tanto técnica como económica.

Noticias relacionadas