Rastrexo da noite dos inocentes este venres no Monte Orbazai

Carmen Basadre convidou á veciñanza máis moza a participar nesta xornada rodeada de misterio, que comezará ás 21:00 horas. Haberá distintos premios e unha chocolatada

As prazas son limitadas a 10 grupos de entre 3 e 5 persoas, pero aínda quedan vacantes. As e os interesados poden anotarse na Casa da Xuventude ou no teléfono 982-29-74-44

Mércores, 26 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rastrexo da noite dos inocentes este venres no Monte Orbazai

Este venres, 28 de decembro, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza a actividade Rastrexo da noite dos inocentes, para celebrar a festa dos Santos Inocentes.

Carmen Basadre convidou á veciñanza máis moza, maior de 18 anos, a participar nesta xornada rodeada de misterio, que comezará ás 21:00 horas. As prazas son limitadas a 10 grupos de entre 3 e 5 persoas, pero aínda quedan vacantes. As e os interesados poden anotarse na Casa da Xuventude ou no teléfono 982-29-74-44. Haberá distintos premios e unha chocolatada.

Noticias relacionadas