A Sala de Exposicións do Uxío Novoneyra reabre as súas portas coa exposición do fotógrafo Ricardo Cambón

Mércores, 03 de outubro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O fotógrafo carballés Ricardo Cambón abre na reformada Sala de Exposicións Uxío Novoneyra unha mostra de 17 fotografías panorámicas pertencentes a súa obra “Festas de Galicia” e que son unha escolma deste traballo realizado en 2010 en máis de oitenta festas de interese turístico repartidas pola xeografía galega.

A selección que presenta en Lugo abrangue festas como o Arde Lucus, a festa das Rapa das Bestas de Viveiro, o Entroido de Verín ou as Festas do Apóstolo de Santiago. Trátase de imaxes moi espectaculares, tomadas en formato panorámico co fin de retratar o momento clave de cada unha das celebracións. Esta mostra poderase visitar do 3 ao 31 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas e o acto de inauguración terá lugar esta tarde ás 20:00 horas.

Multimedia

Noticias relacionadas