Sergio Pazos con retranca: “os que vivimos do humor lles pagamos aos políticos para ter material co que poder traballar”

Hoxe tamén hai espazo para a maxia, da man de Roberto Lolo, quen ademais debate con Camilo Franco

O neno de quinto de primaria Antón Calviño López fíxose co primeiro premio do Concurso de Humor Gráfico para nenos, recibindo un lote de libros agasallo da Libraría “El faro de los tres mundos”, unha das participantes nestes días na Carpa das Letras Retranqueiras

Proxectase o “sketch” promocional do Festival da Retranca gravado pola Fundación TIC e protagonizado polos cómicos Laureano Márquez e Lois Pérez, una verdadeira sorte de risa...

Domingo, 12 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
La Cosa tiene Wasap

O remate, hoxe, do I Festival de Literatura e Arte con Retranca, ven cargadiño. O MIHL acolleu pola mañá a conversa de Marta Pérez e Antón Sobral sobre o ego dos artistas. Xa pola tarde, a concelleira de Cultura, Carme Basadre, e mais a vicepresidenta primeira da Deputación, Lara Méndez, presentarán a proxección dun “sketch” retranqueiro realizado pola Fundación TIC. Ao tempo, entregarase o Premio do I Concurso de Humor Gráfico infantil, e de seguido Camilo Franco parolará co mago Roberto Lolo, artista que deixará coa boca aberta a mais de un cos seus trucos. Ás oito, Sergio Pazos e Carlos Blanco manterán unha conversa con moita retranca. Ás dez, no Campo Castelo, a gargallada ven con música, da man do grupo “Los Gandules” e as súas “Tardes de merienda”.

Polo que respecta ao I Concurso de Humor Gráfico Infantil foi o neno de quinto de primaria Antón Calviño López o gañador coa súa ilustración “La cosa tiene wasap”. O pequeno recibiu un lote de libros agasallo da Libraría “El faro de los tres mundos”, unha das que participaron nestes días na Carpa das Letras Retranqueiras, aberta na Praza Maior.

Sergio Pazos e Carlos Blanco son, sen dúbida, exemplo e esencia da retranca galega. Por iso falarán, moi seriamente, do tema. Acabado de chegar a Lugo para a súa participación no festival, Sergio Pazos explicaba onte que o seu “é analizar a realidade baixo o prisma do humor; non estamos tan enfermos coma toda esa xente que ten mala ostia e que debería bater nos políticos pola merda de país que nos están deixando... nós non facemos iso; pagámoslles aos políticos para que fagan o que fan e así ter material co que poder seguir traballando”. Coincidiu na súa análise con outro dos participantes no I Festival de Literatura e Arte con Retranca, Róber Bodegas, explicando que o bo da súa profesión e que a recompensa do público é inmediata. “se es actor e estás a facer un Hamlet reguliño, o público pode estar pensando, buah... pero non recibes esa baixa enerxía; mais se te dedicas ao humor, oes as risas o non te tiran tomates, a cousa vai ben”, dixo Pazos. “No noso, non serve se o que está a ver o teu espectáculo ven e che di, moi ben, Róber, non rin nada pero o teu espectáculo estivo moi ben, gustoume moito....non é crible”, engadiu Bodegas.

Audio

Noticias relacionadas