A sexta edición da Gala Lvcvs Moda celebrarase o día 16

Carmen Basadre, Lara Méndez e Regina Polín, acompañadas de Eduardo Souto, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará no Círculo das Artes.

A recadación das entradas destinarase integramente ao Fogar do Transeúnte

Mércores, 08 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A sexta edición da Gala Lvcvs Moda celebrarase o día 16

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron, nun acto que tivo lugar este xoves na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o vindeiro día 16 de abril ás 21:00 horas. Nesta ocasión, o evento, que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia, e impulsando o turismo neste enclave natural.

Basadre, Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha o Concello e a Deputación provincial cinco anos atrás. Ambas as dúas administracións continúan colaborando e patrocinando este evento, que é de carácter benéfico, pois todo o recadado coa venda de entradas irá destinado, integramente, ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, moda, artesanía e imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.

Deseñadores, artesáns e expertos en imaxe

Na Gala Lvcvs Moda 2015 participarán 6 deseñadores: Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela. As 16 firmas de artesanía de toda a provincia son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Os asistentes tamén poderán desfrutar do espectáculo que ofrecerán as 9 peluquerías presentes: Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. Todos eles amosarán os seus traballos de maquillaxe e peiteados.

Nesta Gala Lvcvs Moda 2015 son moitos negocios lucenses que prestan a súa colaboración, xa que supón unha imporante vía de promoción dos seus negocios. Son 10 as firmas colaboradoras: Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.

Así pois, o vindeiro día 16 de abril, ás 21:00 horas, no Círculo das Artes, os lucenses teñen unha nova cita con estes 6 deseñadores, 16 artesáns e 9 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios de comunicación, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo posteriormente nas súas casas, posto que novamente os alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC gravarán integramente o evento para a súa promoción e difusión.

Entradas á venda

As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ao mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo, no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

Puntos de venda de entradas

Veritas Veritatis (Luis Areñas)
R/ Armanyá, 5. Lugo
982 225 979

María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893

Montse Arias
R/ San Froilán, 44. Lugo
982 241 820

Tina Cortón
Praza de Santo Domingo, 3. Lugo
982 251 986 / 653 969 617

ChicadeCanela
Avda. da Coruña, 265-267. Lugo
649 950 980

Blanco y Negro Peluqueros
R/Músico Crisanto, 16. Rábade
982 391 221

Meyva Peluqueros
R/Galicia, 51. Lugo
982 252 607

Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634

Eduardo Souto
R/Galicia, 37 . Lugo
982 803 029

Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345

Mohama
Praza Maior, 11. Lugo
982 223 321

O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2. Rábade
982 391 093

Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753

Multimedia

  • A sexta edición da Gala Lvcvs Moda celebrarase o día 16

Noticias relacionadas