Unha figura escultórica protagoniza a obra gañadora do certame de deseño gráfico contra a violencia de xénero

A obra, cuxo lema é Por desgraza, isto non só forma parte do pasado. Cambia o presente, é de Antón Manuel Carral López. Será a imaxe oficial do cartel das actividades do 25 de Novembro.

Mércores, 01 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha figura escultórica protagoniza a obra gañadora do certame de deseño gráfico contra a violencia de xénero

A nova edición do certame de deseño gráfico sobre a violencia de xénero, organizado polo Concello a través da Casa da Muller xa ten gañador. Trátase da obra que leva por lema Por desgraza, isto non só forma parte do pasado. Cambia o presente, da autoría de Antón Manuel Carral López, protagonizada por unha figura escultórica que escenifica a unha muller vítima violencia de xénero. O fallo produciuse na Casa da Muller tras analizar os distintos traballos presentados ao concurso. O gañador recibirá un agasallo e un premio dotado de 600 euros.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Múñoz, e persoal técnico da Casa da Mullar.

Esta obra será a imaxe oficial do cartel das actividades organizadas polo Concello que conmemorarán o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Noticias relacionadas