Unhas 9.000 persoas ilusionáronse coa maxia do XIII Lugo Máxico

Carmen Basadre deu a coñecer estas cifras ao tempo que atribuíu o éxito deste festival á calidade artística e á calidade na programación que xunta a Semana Internacional da Maxia en Lugo

Martes, 10 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unhas 9.000 persoas ilusionáronse coa maxia do XIII Lugo Máxico

Unhas 9.000 persoas ilusionáronse a pasada semana coa maxia da XIII Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico, organizada polo Concello entre os días 1 e 7 de maio, tanto na Escola Infantil da Piringalla, na de Serra de Outes, na Gregorio Sanz, na de San Fiz, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, na Praza Maior, na Praza da Milagrosa, na Praza do Castiñeiro, en Augas Férreas, en San Marcos, na Praza Horta do Seminario, no centro de convivencia Uxío Novoneyra e no Maruja Mallo, no Mercado Municipal, no Museo Interactivo da Historia de Lugo, no Hospital de Calde, no centro de día Antonio Gandoy, no HULA, no Mesón do Forno e no Centro Comercial Abella, e que trouxo a Lugo a medio cento de actividades máxicas e a unha vintena de magos.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer estas cifras ao tempo que atribuíu o éxito deste festival á calidade artística e á calidade na programación que xunta este festival en Lugo.

No que se refire ás galas que englobou esta programación, foron preto de 800 persoas as que asistiron á Gran Gala Internacional do pasado sábado 7 de maio. Á Gala Infantil, que inaugurou este festival, achegáronse máis de 300 persoas e á Gala René Lavand, unhas 250.

En canto á maxia para escolares, participaron uns 2.600 cativos dos centros Manuel Mayo, Anexa, Menéndez Pelayo, Franciscanos, As Mercedes, Sagrado Corazón, Casás, A Milagrosa, Galén, Paradai, Salesianos, Virxe da Soidade, Cervantes, Fingoi, Rosalía de Castro e Pimentel. Ademais, asistiron membros de ASPNAIS, COGAMI, ADACE e ALUME. 

Noticias relacionadas