A V Mostra de Teatro Cidade de Lugo remata coas representacións de Pic-nic

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mostra de Teatro Cidade de Lugo finaliza este martes coa representación das dúas últimas obras do programa elaborado por quinto ano consecutivo polo Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Escola de Arte e Lecer e a Plataforma de Grupos de Teatro de Lugo.

Os grupos Pinchacarneiro e Hipócrita Teatro serán os encargados de clausurar no Auditorio esta mostra o día 24 de abril. O primeiro representará a obra de Fernando Arrabal “Pic-nic”, ás 11:30 horas, e o segundo a obra de creación colectiva “Creba-cabezas”, ás 20:30 horas. As entradas venderanse media hora antes da función na taquilla do Auditorio ao prezo simbólico de dous euros.

Esta edición contou coa participación de oito grupos de teatro: as compañías de teatro e títeres da USC de Lugo, cinco grupos de afeccionados e a Aula de formación teatral da Concellería de Educación.

Durante cinco días representáronse un total de oito actuacións e a recadación irá destinada a cursos de formación teatral do programa Teatre.

Noticias relacionadas