- Tema
A Casa do Concello de Lugo acolleu hoxe a xuntanza para a apertura de plicas presentadas para o proxecto, dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial englobado dentro do Plan Urban.
Nesta primeira xuntanza o xurado comezou coa selección dun máximo de cinco empresas que poderán participar na segunda fase do concurso. Esta comisión comprobou ao longo de todo o día que os candidatos cumpren cos requisitos de capacidade e solvencia sinalados nas bases do concurso.
O xurado estivo composto por:
- A Concelleira de Economía e Emprego
- Un representante do grupo municipal do Partido Popular
- Un/a representante do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego
- A Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial
- A Delegada do Alcalde para a área de Urbanismo.
- O Interventor municipal
- A xefa de asesoría xurídica
- Un/a representante de Caixa Nova
- Un/a representante de Caixa Galicia
- Un/a arquitecto/a adscrita/o á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
- Un/a arquitecto/a nomeado/a polo Colexio de Arquitectos de Lugo
- Un/a arquitecto/a nomeado/a pola Universidade da Coruña
- Dous arquitectos municipais
- A Directora do Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA)
Foron un total de 27 as plicas presentadas a este concurso por empresas de recoñecido prestixio nacional:
- José Manuel Casabella
- Ignacio Mendaro Corsini
- Ara Arquitectos
- Junquera Arquitectos S.L.P.
- Vier Arquitectos S.L.
- Clothos-Técnicos Edificación
- Santiago Catalán Tobia
- JTS Brown Cercos Asociados S.L.
- Gecsa Ingeniería y Obras, S.A.
- Alfonso Penela Fernández
- Fraga, G. Quijada, Portoles y Asociados, S.L.P.
- Horacio Fernández del Castillo
- José Luís Pereiro Alonso
- Creuse Carrasco Arquitectos, S.L.P.
- Dopi Arquitectos Asociados, S.L.P.
- Díaz y Díaz Arquitectos, S.L.P.
- Gau. Arquitectura e Urbanismo
- Alfredo Feiedo Alemparte
- Manuel Martínez López
- Graíño Martínez López
- Graíño Nieto Arquitectos
- Rafael Espinosa Azofra
- Jaime L. Lorenzo Saiz-Calleja
- Espinosa de los Monteros y Arquitectos Asociados
- Silvia Crespo Nomen
- Joao Álvaro Rocha Arquitectos S.A.
- Carlos J. Merit Cucart
- Studio 63
O xurado valorou a alta calidade dalgúns dos proxectos elaborados polas empresas que optan á elección. Nos próximos días, tras unha nova reunión do xurado, coñeceránse ás empresas seleccionadas para a próxima fase.
Nunha segunda fase o xurado elixirá a idea máis adecuada das 5 empresas seleccionadas como anteproxecto para definir a rehabilitación do vello cárcere de Lugo e as obras de urbanización que se consideren precisas, segundo as definicións contidas nas bases, para declarar un gañador do concurso.
O Plan Urban conta cun investimento de máis de 16 millóns de euros dos cales unha parte provén de fondos europeos, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo. Trátase dun proxecto europeo que permitirá a modernización e revitalización do Centro histórico e do seu comercio.