Xornadas de alta cociña con retranca, un menú onde nada é o que parece pero todo sabe como cómpre

As Xornadas de Alta Cociña con Retranca son unha das iniciativas paralelas do Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca que, organizado pola Concellería de Cultura, se celebran por primeira vez este ano, do 6 ao 12 de abril, na cidade de Lugo.

Mércores, 08 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xornadas de alta cociña con retranca

Concibidas como un complemento ás tapas retranqueiras que serven diversos establecementos da hostalaría local (rotulados “de bo humor garantido”), están deseñadas ex profeso para a ocasión polo chef Santi Almuiña, do Mesón Colón.

Trátase de pratos que “non son o que semellan”, cuxos ingredientes, porén, o restaurador mantén en secreto “para non desbaratarlle a sorpresa” aos comensais e mesmo “potenciar” a súa imaxinación.

O menú retranqueiro do chef Almuiña inclúe:

  • Berberechos ao sal con xenxibre confeitado
  • Lata de alcachofas con tonno de Quianti
  • Ostra confeitada con folla de holanda
  • Pastel de anemone de mar con crocante de congro
  • Morcilla de pescado azul
  • Atún ronnin
  • Arroz con leche versión

 Os locais “con bo humor garantido” que participan no Festival servindo tapas á Retranca son:

  • Restaurante España
  • Restaurante Antas
  • Restaurante Campos
  • Restaurante O Mercado
  • Arroceiría Os Cachivaches

Ademais, o Festival ten a súa propia cervexa, “posiblemente a peor do mundo (ou non)”, chamada –por suposto- Retrancus, e elaborada artesanalmente.

Multimedia

  • Xornadas de alta cociña con retranca

Noticias relacionadas