Maite Ferreiro presentou a exposición, coa que colabora a área de Cultura do Concello, xunto con Julián Alonso
A exposición estará aberta de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta
A Concelleira de Cultura, Turismo Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XVIII Exposición de Cogumelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo 3 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta.
Maite Ferreiro sinalou que “é de agradecer o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía”.
Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, ademais dunha pequena exposición fotográfica e un espazo audiovisual segundo sinalou Julián Alonso.
Audios
- Julian Alonso, sobre a XVIII Exposición de Cogumelos | Descargar mp3
- Maite Ferreiro, sobre a XVIII Exposición de Cogumelos | Descargar mp3