687 comerciantes e hostaleiros de todos os barrios recibiron formación do plan Localmente Lucense de dinamización económica

A iniciativa enmárcase na estratexia posta en marcha pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para fomentar o emprendimiento e a consolidación empresarial nos negocios de proximidade.

Xoves, 22 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
687 comerciantes e hostaleiros de todos os barrios recibiron formación do plan Localmente Lucense de dinamización económica

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a tenente de alcaldesa e concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira, fixeron un balance positivo en relación aos cursos de formación online e asesoramento a comerciantes e hostaleiros de Lugo inscritos no movemento Localmente Lucense, na parte estratéxica do ‘Plan de fomento do emprendimiento e consolidación empresarial’.

Da formación online ofertada, foron 87 as empresas que se adheriron a realizala. Puideron elixir entre 60 pílulas de curta duración (10 horas cada unha), deseñadas para afondar temáticas concretas sobre administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática, promoción ou venta, en outros. O 100% das empresas inscritas tiña entre 1 e 9 traballadores.

De maneira paralela, no marco da campaña Nadalmente Lucense, un equipo de profesionais achegouse a 600 establecementos adheridos ao plan Localmente Lucense en todos barrios da cidade para impartir formación gratuíta sobre escaparatismo, iluminación e envoltorios con motivo da campaña de Nadal e asesorar, ademais, sobre a aplicación de medidas de aforro enerxético nos adornos.

As visitas tiveron lugar de luns a venres, e algún sábado para beneficiar aos comercios que preferían que se acudira en fin de semana. Nesta iniciativa contouse cun equipo de 6 persoas.

Noticias relacionadas