As dúas citas deportivas terán lugar nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera
- Tema
Os sábados 23 e 30 de abril, Lugo acollerá os Campionatos Galego de Atletismo para Clubs e de España de 1ª División de Atletas Femenina, que se celebrarán nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera. Así o deron a coñecer este xoves o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Antonio Veiga, o Patrono da Fundación TIC, encargada de retransmitir por segunda vez en directo estes eventos deportivos, Álvaro Santos, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o delegado da Federación en Lugo, Pablo Gandoy, e a presidenta do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, EriKa Arribas. No Campionato Galego para Clubs participarán un total de 8 equipos masculinos e femininos, e no Campionato de España de 1ª División, 4: Lucus Rural, Celta de Vigo, Oviedo e Alcorcón. En total, a cidade de Lugo acollerá uns 800 atletas de toda Galicia, Asturias e Madrid.