A Alcaldesa anima á mocidade a participar no campionato mundial en liña de modelado 3D, que fomenta a interactividade e a colaboración na aprendizaxe

O Concello colabora con este certame científico educativo, que acolle o Campus Terra de Lugo

Mércores, 21 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa anima á mocidade a participar no campionato mundial en liña de modelado 3D, que fomenta a interactividade e a colaboración na aprendizaxe

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores, na Escola Politécnica  Superior, na presentación do campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil, dentro da D3 Mobile Metrology World Leage 2017, que acolle o Campus Terra. Trátase dun certame científico educativo, dirixido a estudantes entre os 12 e 18 anos, coa que se busca estimular a vocación e capacidade científica de estudantes de todo o mundo a través dun elemento de uso cotiá como é o teléfono móbil, no marco dunha competición por equipos que inclúen docentes como titores. Esta ano, o Concello colabora con este campionato cuxo atractivo está fóra de dúbida, pois nas pasadas edicións participaron preto de 1.400 estudantes de máis de 200 centros duns 40 países. No acto tamén estiveron presentes o Vicerreitor de coordinación, Javier Bueno, o Deputado de Innovación, Pablo Rivera, a Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Mariña Gueimunde, o Director do servizo rexional do Instituto Xeográfico Nacional de Galicia, Pablo Carballo, e a coordinadora do grupo promotor da iniciativa, Mari Luz Gil.

 Na intervención, que foi seguida en directo, por Periscope e Twitter, a rexedora ensalzou esta iniciativa, “unha experiencia única que fomenta a interactividade e a colaboración na aprendizaxe”, ao tempo que chamou aos mozos e mozas a participar e a aproveitar ao máximo este campionato. Así mesmo, tamén felicitou aos organizadores por levar a cabo este certame no campus e na cidade de Lugo.

Noticias relacionadas