Alvarellos recibe na Casa Consistorial á alcaldesa de Santo Domingo, sendo Lugo unha das catro cidades do seu itinerario en España

Venres, 12 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alvarellos recibe na Casa Consistorial á alcaldesa de Santo Domingo, sendo Lugo unha das catro cidades do seu itinerario en España

A rexedora de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa Consistorial á alcaldesa do Distrito Nacional, xurisdición territorial onde se atopa a capital da República Dominicana (Santo Domingo) e a sede do goberno central. A visita de Carolina Mejía –filla do expresidente da República Dominicana Hipólito Mejía (2000-2004)–, enmárcase na súa viaxe a España co fin de fortalecer as relacións internacionais entre ambos os países e para cumprir cunha axenda oficial municipal, académica e política, que inclúe reunións bilaterais e firma de acordos.

Neste senso, Alvarellos agradeceu á súa homóloga en Santo Domingo, que elixise Lugo como unha das catro cidades do seu itinerario en España (xunto a Madrid, Sevilla e Barcelona), “tendo en conta que o municipio acolle unha importante comunidade dominicana estando empadronados preto de 400 veciños e veciñas deste país en Lugo”.

A rexedora apuntou que “somos unha cidade moi acolledora, ao longo do ano recibimos, ademais, visitas institucionais de representantes de diferentes países”. Así, lembrou que “hai pouco visitounos unha delegación de Cuba, por exemplo, polo interese que lle xeraba a configuración do noso Centro Histórico”.

“Agardamos que Lugo poida ser para Santo Domingo unha cidade da que poidan aproveitar iniciativas, que poidan ter réplica no seu país”, apuntou Alvarellos.

Multimedia

  • Alvarellos recibe na Casa Consistorial á alcaldesa de Santo Domingo, sendo Lugo unha das catro cidades do seu itinerario en España
  • Alvarellos recibe na Casa Consistorial á alcaldesa de Santo Domingo, sendo Lugo unha das catro cidades do seu itinerario en España

Noticias relacionadas