A Alcaldesa recibe ao cantante lucense Edgar Bao, semifinalista no programa La Voz Kids

Sábado, 24 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe ao cantante lucense Edgar Bao, semifinalista no programa La Voz Kids

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este sábado no Salón de Plenos ao cantante lucense Edgar Bao, que é semifinalista no programa La Voz Kids con tan só 14 anos. Na recepción tamén estiveron presentes os pais e representantes do seu club de fans.

A rexedora felicitou a Edgar por acadar este importante recoñecemento e animouno a seguir traballando e formándose, para conseguir moitos máis logros como este. Tamén lle agradeceu que fixera de embaixador da cidade nos distintos lugares que visita.

Multimedia

  • A Alcaldesa recibe ao cantante lucense Edgar Bao, semifinalista no programa La Voz Kids

Noticias relacionadas