Alvarellos: “Entra en vigor o orzamento de 2024, unhas contas cunha clara proxección social que acadan a cifra record de 121,8 millóns”

O gasto social supón o 30% do presuposto, consolídase o impulso económico a través de Lugo Trasforma e avánzase na rexeneración dos barrios.

Resérvanse máis de 2’5 millóns euros para peonalizacións e humanizacións en prol dunha mobilidade máis funcional, acorde co modelo da cidade.

Investiranse 1.202.990 euros para mellorar zonas verdes de esparexemento e 1.411.356 euros na conclusión dos 4 proxectos previstos dentro da estratexia do Corazón Verde.

 O responsable da área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, afeou a “actitude de boicot permanente” amosada pola oposición, á que acusou de confudir a varios colectivos para retrasar a entrada en vigor do documento.

Xoves, 01 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alvarellos: “Entra en vigor o orzamento de 2024, unhas contas cunha clara proxección social que acadan a cifra record de 121,8 millóns”

A partir de mañá Lugo dispoñerá do seu novo presuposto. Este mediodía celebrouse unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal na que se debatiu a aprobación do Proxecto de Orzamentos para 2024. Durante a sesión, foron aprobadas de forma definitiva as contas para este exercicio co voto favorable do equipo de Goberno e a nagativa do Grupo municipal popular. Deste xeito, coa publicación mañá no BOP, entran en vigor os presupostos máis elevados da historia de Lugo, que acadan a cifra redord de 121.855.425 euros, o que supón un incremento dun 3’27% (3.858.571 euros) con relación aos de 2023. O encargado de defender o documento deseñado polo equipo de Goberno foi Pablo Permuy, responsable de área de Xestión Integral de Recursos Internos. Durante a súa intervención, o edil afeou a “actitude de boicot permanente” amosada pola oposición.

“A súa estratexía de bloqueo queda en evidencia co seu xeito de actuar en relación ás alegacións. A pesar de coñecer a normativa, optaron pola desinformación e alentaron a varios colectivos da cidade a presentar unhas alegacións que legalemnte non teñen percorrido porque non se adaptan á normativa. Isto é gravísimo. Están a enganar a veciñanza co único obxectivo de retrasar a entrada en vigor destes orzamentos cun fin unicamente partidista”, sinalou o concelleiro.

Pola súa, banda, a alcaldesa Paula Alvarellos destacou os principios porgresitas nos que se amparan estes orzamentos, que foron confeccionados considerando o contexto global e que incorporan as suxestións da veciñanza. “Trátase dunha contas cunha clara proxección social. De feito, destinamos un 30% deste orzamento á implementar políticas sociais, facendo fincapé nas persoas máis vulnerables. Apostamos por impulsar a rehabilitación e a rexeneración dos barrios, construíndo espazos publicos humanizados e renaturalizados que incentiven á convivencia interxeracional ao tempo que evidenciamos un compromiso firme co noso tecido produtivo que permita dinamizar a actividade económica e xerar emprego. Todo isto sen descoidar a educación, a cultura, o deporte, a ciencia e a innovación, e aos distintos colectivos como a muller, infancia e os maiores”, asegurou Alvarellos.

Outra porcentaxe importante deste documento está copado polos investimentos. Así, o Goberno local destinará este ano 1.411.356 euros á conclusión dos 4 proxectos previstos dentro da estratexia do Corazón Verde, para finalizar a peonalización total do Centro Histórico e a implantación da Zona de Baixas Emisións e tamén para o inicio do Plan de Sostibilidade Turística. Outra das áreas que maior importe aglutina neste 2024 será a de Sostibilidade Urbana, onde se contempla xa unha partida de 232.450 euros para o inicio da intervención no Pazo de Dona Urraca, así como outros 210.900 euros para as expropiacións que posteriormente permitirán acometer a supresión de varios tapóns urbanísticos na cidade e 330.630 euros para finalizar coa expropiación que permitirá unir o cinto verde do Miño e Rato. Así mesmo, reservánse máis de 2’5 millóns de euros para melloras, peonalizacións e humanizacións de diferentes vías que redundarán nunha mobilidade máis funcional, acorde co modelo da cidade. Nesta liña, se investirán 1.202.990 euros para mellorar zonas verdes de esparexemento, parques infantís e espazos de ocio de uso público.

Asemade, o rural contará cunha contía de 513.055 euros para mellora das súas infraestruturas encamiñadas a mellorar da cohesión territorial. Incorpóranse, asemade, outros 350.000 euros para investimentos en Deportes. Outro servizos estratéxicos para a veciñanza, como a Policía Local e Bombeiros, serán mellorados cun investimento de 539.100 euros destinados a equipamentos tecnolóxicos e materiais para os servizos de emerxencia. Tamén se reservan 534.000 euros para renovar as redes de saneamento e abastecemento da zona norte da cidade. Ademais, as contas preven melloras nas dependencias municipais que prestan servizos de carácter social e veciñal, entre elas os edificios de Servizos Sociais, o Fogar do Transeúnte ou Biblioteca do Centro Interxeracional Paco Martín que contarán con investimentos por valor de 157.000 euros. De forma complementaria, destínase 60.000 estarán a avazar en accesibilidade no espazo urbano.

Antes de concluír, a rexedora destacou que o compromiso co tecido asociativo. “Dedicamos unha partida de case 6 millóns de euros para actuacións que se desenvolven a través dos distintos convenios e subvencións, en ámbitos e colectivos moi diversos, pero que teñen un alto valor engadido e cun retorno social que está fóra de toda dúbida”, puntualizou. Así mesmo, incidiu que os orzamentos inclúen 3,5 millóns de euros para a Intermodal, destinados a construción do paso de cidade e da urbanización da contorna.

Audio

  • O tenente de alcaldesa, Pablo Permuy, sobre o pleno e os orzamentos municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas