A área de deportes presenta a XVII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental -Gran Premio CaixaBank-

Miguel Fernandez recordou o fin solidario desta proba xa que “se destinará 1€ de cada inscrición da categoría de Adultos á Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo”

A saída para adultos terá lugar as 12:00 h na Ronda da Muralla na zona da Mosquera e fronte o monumento da conmemoración da designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km

Dende a organización recordan que o domingo 15 día da proba o centro da cidade pecharase a partires das 11:00 h

Todos os interesados en participar, cun máximo de 1.500 atletas poden facelo en  www.10klugomonumental.com ata o 10 de decembro

Mércores, 04 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de deportes presenta a XVII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental -Gran Premio CaixaBank-

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, presentou a XVII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental -Gran Premio CaixaBank- carreira que terá lugar o vindeiro domingo 15 de Decembro. Ao acto ademáis do edil asistiron, Igor de las Heras, Director de Area de Caixabank Lugo, Luis Barrio, Subdirector Publicidad El Progreso e Ana Barga Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo. Durante o acto de presentación, Miguel Fernandez destacou o éxito desta proba, unha cita deportiva referente en Lugo, cunha notable acollida por parte dos deportistas lucenses e galegos. O Concelleiro, recordou a importancia deste tipo de eventos deportivos para os amantes do atletismo, e aproveitou para animar aos lucenses a participar nesta carreira, que aspira a chegar ós 1.500 atletas. Así mesmo recordou que este ano “destinarase 1€ de cada inscrición da categoría de Adultos á Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo”

O pistoletazo de saída terá lugar a partires das 11:00 h para a categoria mini, onde os máis pequenos correran 370 mt dende a rúa Vilalba ata a Casa do Concello, modalidade non competitiva. Ás 11.10h será o turno ca categoría SUB 10 / SUB 12 ( 8 a 11 anos) distancia que ascenderá a 700mt dende a Ronda da Muralla ata a Casa do Concello pasando por Angel López Pérez, Rúa Vilalba-Ronda da Muralla, Bispo Aguirre e a Praza Maior. A hora de saída fixada  para a Categoría SUB 14 / SUB 16 cunha distancia de 1.500 mt será ás 11.20h dende  a Ronda da Muralla ata a Casa do Concello. A  ás 12:00h os adultos, con saída fixada na zona da Mosquera, fronte o monumento da conmemoración da designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, e discorrerá por un percorrido cunha distancia aproximada de 10 km

Recorrido

A saída esta ubicada fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da circulación discorrendo pola Ronda ata chegar á altura da Rúa do Teatro xiro a esquerda e subida, Santo Domingo, xiro a esquerda rúa da raíña, paso por liña de meta, xiro a dereita baixando pola rúa da Praza Maior e xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón do Círculo das Artes cara a rúa Vilalba enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira, cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro cara á dereita en dirección a Anxo López Pérez a en dirección á ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaranse á rúa Recatelo, rúa Ribadeo, rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, con xiro a dereita Dtor Portela ida e volta seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, despois á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampla fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampla, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (praza Maior), e chegada á Meta situada ao carón da Casa do Concello.

Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin de verificar que todos os atletas percorren a totalidade do circuíto coa novidade este ano do seguimento en vivo de cada un dos atletas mediante a conexión a aplicación de Championchipnorte.

Informacion de Interese para o Atleta

  • Inscricións: Todos os interesados en participar, cun limite de 1.500 atletas poden facelo en  www.10klugomonumental.com ata o 10 de decembro.
  • Servizos Médicos: A proba conta con servizo médico situado na zona de meta xunto con dúas  Ambulancias, unha situada na zona de meta e outra na zona intermedia do circuíto durante as probas.
  • Seguro: Todos/as os/as participantes estarán cubertos/as por unha póliza de seguros de Responsabilidade Civil e accidentes que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba, para o cal consinte a á compañia de seguros que os seus datos básicos sexan cedidos para a tramitación ante a compañia.

En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electronico

  • LOPD: Todos/as os/as corredores ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
  • Aparcadoiros: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
  • Gardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servizo de gardarroupa nunha carpa habilitada para elo na zona de META.
  • Duchas: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro) e os vestiarios do Pavillón Municipal dos Deportes (Rúa Santiago).

Audio

  • O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, presentou a XVII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio CaixaBank | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de deportes presenta a XVII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental -Gran Premio CaixaBank-

Noticias relacionadas