Carmen Basadre entrega os premios da nova edición do certame Educar para Previr, na que participaron 1.300 nenos e nenas

Venres, 22 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre entrega os premios da nova edición do certame Educar para Previr, na que participaron 1.300 nenos e nenas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este venres, no patio central do Vello Cárcere, os premios do XXIV Certame de debuxo Educar para previr,o concurso educativo impulsado polo Concello que buscar implicar e senbilizar aos nenos e nenas sobre os efectos negativos do consumo de drogas.

Nesta edición participaron 1.300 cativos e cativas de primaria de 10 colexios de Lugo. Entre os e as participantes escolléronse ás 11 gañadoras e 1 gañador, que recibiron un diploma acreditativo e un vale para material deportivo. 

Noticias relacionadas