A Casa da Xuventude di adeus ao Nadal coa participación de máis de 400 persoas na programación do Concello para estas datas

En total, foron 10 alternativas diferentes totalmente gratuítas, dende a Festa Swing Nadal aos obradoiros de cociña, de fabricación de agasallos ou de maquillaxe de terror; pasando por zumba, ioga e pilates, entre outros Destaca o interese que espertou a actividade de Rastrexo de Inocentes, na que participaron medio cento de persoa, ou a viaxe á neve, da que gozaron 40 persoas

Mércores, 09 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A programación de Nadal que organizou o Concello entre o 15 de decembro e o 4 de xaneiro na Casa da Xuventude contou coa participación de máis de 400 persoas, unha cifra que, para a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, amosa por si soa o éxito que espertaron na veciñanza máis nova estas actividades lúdicas.

En total, foron 10 alternativas diferentes totalmente gratuítas, dende a Festa Swing Nadal que abriu a programación, aos obradoiros de cociña, de fabricación de agasallos ou de maquillaxe de terror; pasando por zumba, ioga e pilates, entre outros.

A edil puxo de manifesto a boa acollida da programación, que achegou á mocidade luguesa distintas opcións de ocio na época de Nadal, ao tempo que se amosou satisfeita co balance total. Nesta liña destacou o interese que espertou a actividade de Rastrexo de Inocentes polo monte Segade, na que participaron medio cento de persoas, ou a viaxe á neve, da que gozaron 40 persoas.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre sobre o balance do Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas