Clausura do curso de xullo da Escola Deportiva Municipal de Verán 2011

Xoves, 28 de xullo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, o lucense José Antonio Pereiro, clausuran hoxe o curso de xullo da Escola Deportiva Municipal de Verán 2011.

O curso, organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Concellería de Deportes de Lugo, pecharase cun acto no que se fará entrega das medallas do minitorneo final de clausura.

A clausura terá lugar ás 19.30 horas nas pistas de tenis municipais de Frigsa.

Noticias relacionadas