A Concellería de Deportes inicia o curso de pesca no parque da Milagrosa con 25 alumnos

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, dará inicio o luns a un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.

O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días  17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28. Nesta edición participarán un total de 25 alumnos de diferentes idades.

No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa. A presentación será o luns de oito a dez da noite, o horario que terá o curso.

Este curso celébrase de forma tradicional por parte do Concello de Lugo e o lugar escollido é a Aula de Vías e Obras Municipal, situada no parque da Milagrosa. Como vén sendo habitual, este curso é de libre acceso e totalmente gratuíto.

Noticias relacionadas