Concello, Deputación, Autónomas e Federación impulsan o comercio lucense coa 9ª Feira Outlet

A iniciativa, que reunirá a comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos entre o 50 e 80%, terá lugar os días 18, 19 e 20 na praza Anxo Fernández Gómez

Ana Prieto apuntou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha ao longo de todo o ano co respaldo da Deputación e o Concello, coma o Street Market ou a Noite Aberta”

Pilar García subliñou que “con esta iniciativa apoiamos á pequena e mediana empresa, ao mesmo tempo que impulsamos a economía local, pois en anteriores edicións rexistráronse beneficios medios de entre 60.000 e 100.000 euros, uns 3.000 euros por comercio”

A Feira Outlet estará aberta na carpa situada detrás da Casa do Concello.  O xoves 18, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00  horas. Venres e sábado horario continuado de 11:00 a 21:00 horas

Martes, 16 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Deputación, Autónomas e Federación  impulsan o comercio lucense coa 9ª Feira Outlet

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Deputada de Cultura, Pilar García, presentaron este martes a novena edición da Feira Outlet, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de outubro e que reunirá a numerosos comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Fixérono acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas e Empresarias, Marta López, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas.

Durante o acto, Ana Prieto apuntou que “o Concello, un ano máis, colabora coa Asociación de Autónomas de Lugo, neste tipo de accións tendentes a dinamización do tecido económico lucense”.

A edil declarou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha ao longo de todo o ano co respaldo da Deputación e o Concello, coma o Street Market ou a Noite Aberta”.

Pola súa banda, Pilar García subliñou que “estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Autónomas na celebración desta iniciativa, xa consolidada, pois trátase da 9edición. Coa Feira Outlet apoiamos á pequena e mediana empresa luguesa, ao mesmo tempo que impulsamos a economía local, pois en anteriores edicións rexistráronse uns beneficios medios de entre 60.000 e 100.000 euros, uns 3.000 euros por comercio durante só tres días. Estes datos dan boa conta da repercusión da cita e a boa acollida entre veciños e visitantes da cidade, animando o consumo tanto polos asequibles prezos coma pola súa situación céntrica”.

31 comercios con descontos de ata o 80%

Un total de 31 comerciantes lucenses estarán presentes nesta nova edición da Feira Outlet. Porán á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos serán as mercadorías que se poderán adquirir, moitas delas de destacadas marcas.

O listado de comercios participantes é o seguinte: Backstage Store, Barón, Black Market, Bonec, Bonita y Coqueta, Carmen V. Portomeñe, Casa Piedad, CEPECE, Chic Fashion & Co, Destellos, Inpe, Joyería Senén, Patricia Mendaluce, Khimaira, Kucadas, La Casita Pérez, Lenzos, Lilas, Lola Botona, Maldita Matilda, Malizia, Mecos, Mi Pequeño VEstidor, Miky Moda, Miss Mariquita, Peletería Lucus, Pisotones, Sainkho, Urban Foot, Vas’s e Yute.

3 días para mercar

A Deputación cede un ano máis á Asociación de Autónomas e Empresarias a carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez detrás do consistorio lucense para a celebración da 9ª Feira Outlet. A carpa, na que se está a desenvolver o Artesanfroilán, estará aberta dende o xoves 18, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00  horas. Venres e sábado horario continuado de 11:00 a 21:00 horas.

Noticias relacionadas