Lara Méndez destaca o potencial de ExpoFraín como dinamizador económico da cidade

A alcaldesa de Lugo asistiu hoxe á apertura da edición 2022 desta feira profesional que reúne a máis dun cento de proveedores de todas as ramas do sector do recambio.

Venres, 18 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o potencial de ExpoFraín como dinamizador económico da cidade

A rexedora lucense, Lara Méndez, acudiu hoxe á apertura da edición 2022 de ExpoFraín que esta fin de semana se celebra no Pazo de Feiras e Congresos.

“Unha mostra que congrega a máis dun cento de provedores de todas as ramas do sector do recambio e que tamén ofrecerá formación e actividades lúdicas para as persoas visitantes o que redundará no seu atractivo e axudará, así o esperamos, á súa continuidade como unha cita comercial máis das moitas xa consolidadas que se manteñen ao logo do ano na cidade, axudando á súa dinamización económica”, sinalou a alcaldesa.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca o potencial de ExpoFraín como dinamizador económico da cidade
  • Lara Méndez destaca o potencial de ExpoFraín como dinamizador económico da cidade

Noticias relacionadas