Lara Méndez constitúe a Comisión Consultiva de Prazas e Mercados para abordar as demandas do sector

Mércores, 14 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez constitúe a Comisión Consultiva de Prazas e Mercados para abordar as demandas do sector

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de constituír a Comisión Consultiva de Prazas e Mercados do Concello de Lugo para atender as reivindicacións do empresariado asentado nestas dependencias municipais.

Nesta primeira reunión, que tivo lugar a pasada tarde, estiveron presentes tanto a concelleira de Participación Cidadá como unha representación das e dos praceiros que amosaron o seu interese por debater, nunha próxima sesión, a modificación da Ordenanza municipal correspondente, especialmente no relativo ao horario dos seus negocios.

Así mesmo, Méndez contestou algunhas das preguntas que lle realizaron, entre outros asuntos, relacionados coa carga e descarga na zona. Aspectos que tamén serán tidos en conta no estudo que a rexedora xa está a realizar ao abeiro da implantación dunha Zona de Baixas Emisións do Centro Histórico e que quere consensuar con todos os sectores implicados.

Noticias relacionadas