Deportes reestructura a pista polideportiva do CEIP Sagrado Corazón para gañar versatilidade

O cambio de configuración das canchas de baloncesto e minibasket, que responden a unha solicitude da dirección do centro, permiten aumentar as áreas de xogo.

 
Luns, 16 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes reestructura a pista polideportiva do CEIP Sagrado Corazón para gañar versatilidade

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Jorge Bustos, realizou unha reestructuración da pista polideportiva de CEIP Sagrado Corazón para que esta instalación sexa máis operativa.Os traballos, que requiriron a intervención dun camión pluma do Parque Móbil Municipal, teñen por obxectivo delimitar as zonas de xogo das canchas de  baloncesto  e minibasket creando así un novo espacio para a práctica deportiva. De este modo, a pista gaña versatilidade e aumenta o seu nivel de seguridade, así como a súa capacidade para acoller adestramentos e partidos destas dúas disciplinas. “Esta actuación responde a unha solicitude da dirección do centro como consecuencia do contacto permanente que desde o Goberno local mantemos coa comunidade educativa e o tecido asociativo”, sinalou o edil de Deportes.

Multimedia

  • Deportes reestructura a pista polideportiva do CEIP Sagrado Corazón para gañar versatilidade

Noticias relacionadas