En marcha as obras da rúa Fisterra, do Peto, Lopo Lías e do Camiño de Romai e Friás, que contan cun orzamento de máis de 210. 000 euros

O Concello acomete estes traballos de pavimentación e rexeneración do firme con cargo aos remanentes que obtivo grazas á boa xestión económica realizada polo Goberno

Esta semana arrincarán as obras nas rúas Pastor Díaz, Monforte, Alcalde Pimentel, Ramos Misioné e Noriega Varela, no entorno do Pazo de Deportes, e nas glorietas Alfonso X-Filarmónica Lucense e Virxe da Esperanza-Rof Codina

Luns, 19 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezo de obras

O Concello de Lugo está a acometer obras de pavimentación e rexeneración do firme na rúa Fisterra, do Peto, Lopo Lías e do Camiño de Romai e Friás. Así o deu a coñecer este luns o Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, quen subliñou que se trata de “importantes melloras na rede viaria municipal que o Concello pode acometer con cargo aos remanentes que obtivo grazas á boa xestión económica realizada polo Goberno”. Os traballos, que contan cun orzamento de máis de 210.000 euros, contan cun prazo de execución dun mes.

Grandío tamén avanzou que previsiblemente, ao longo desta semana tamén arrincarán os traballos nas rúas Nicomedes Pastor Díaz, Monforte, Alcalde Pimentel, Ramos Misioné e Noriega Varela; así como no entorno do Pazo Municipal de Deportes e nas glorietas Alfonso X-Filarmónica Lucense e Virxe da Esperanza-Rof Codina. Para a vindeira semana tamén está previsto que comecen as obras da Ronda da Muralla, nos tramos comprendidos entre Montero Ríos e a Avenida da Coruña e a Avenida da Coruña e o Fogar de Santa María; da Ronda do Carme, da rúa do Cuco, da rúa Virxe do Ollos Grandes e das rúas do Ceao.

Todas as actuacións contan cun prazo de execución dun mes, excepto as que afectan á Ronda da Muralla, que se acometerán en dous meses. 

Audio

  • José Manuel Díaz Grandío, sobre as obras de pavimentación e rexeneración |Descargar mp3

Noticias relacionadas