- Tema
Xoves, 21 de xuño de 2012
Fonte:
Gabinete de Prensa
O IV Torneo Arde Lucus de Hockey celebrarase esta fin de semana no Polideportivo municipal de A Piringalla, segundo informa a Concellería de Deportes, que colabora co Lóstregos Hockey Lugo na organización desta competición deportiva.
No Torneo participarán sete equipos divididos en dous grupos. O grupo A estará composto polo Lóstregos, Gavda-Vicvs, Sesy Time e Iuven Gavda LTG e o grupo B vai estar formado polo Cavxos, CD Svmendi, Beer Team e Fénix.
A primeira fase da competición terá lugar o sábado e disputarase entre as 9.00 e as 22.20 horas e as finais serán o domingo de 11.30 a 13.00 horas.