Este sábado, o casco histórico acollerá a última andaina reivindicativa Mulleres con Forza

Martes, 23 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Este sábado, o casco histórico acollerá a última andaina reivindicativa Mulleres con Forza

Os sábados de marzo rematan como comezaron, cas Andainas Mulleres con Forza. Enmarcadas na programación do 8M, organizada pola Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, estas camiñadas percorren os espazos e monumentos do centro histórico relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico.

As persoas interesadas en participar nestas andainas, ao aire libre, aínda poden anotarse, a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo. Haberá, como no resto das sesións, dúas quendas, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas e cada quenda estará composta por un grupo de 8 persoas máis a guía, a luguesa Lidia de la Fuente.

Noticias relacionadas