Estudantes alemáns de intercambio co IES Lucus Augusti coñecen o Concello

Luns, 24 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes alemáns de intercambio co IES Lucus Augusti coñecen o Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos do Concello a un grupo de estudantes alemáns, da localidade de Leipzig, que están na cidade grazas ao intercambio entre o seu centro educativo e o IES Lucus Augusti. Méndez deu a benvida aos alumnos e alumnas, explicoulles os principais atractivos de Lugo, invitounos a regresar e subliñou a importancia dos intercambios estudiantís para o crecemento persoal, académico e profesional, pois achegan un plus diferencial.

Noticias relacionadas