As instalacións municipais acollen esta tempada 17 escolas deportivas onde se forman máis de 2.000 crianzas

O executivo local cede de forma gratuíta as diferentes equipamentos deportivos para que nenos e nenas de diferentes idades poidan iniciarse na disciplina elixida.

A actividade, cuxo obxectivo é fomentar  o deporte base, comezará en outubro ,aínda que os clubs organizadores manterán a inscrición aberta aínda un tempo.

Luns, 25 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As instalacións municipais acollen esta tempada 17 escolas deportivas onde se forman máis de 2.000 crianzas

O Executivo local, a través da Concellería de Deportes, reforza  para este curso o seu compromiso co tecido asociativo co obxectivo de fomentar o deporte base lucenses. Deste xeito, o Concello cede de forma gratuíta as diferentes dotacións deportivas para que nenos e nenas de diferentes idades poidan iniciarse na disciplina elixida, contribuíndo así a difundir a actividade dos clubs. “ Esta tempada o número de escolas existentes pasa de 15 a 17. Así, se espera que as instalacións deportivas municipais alberguen ata o remate da próxima primavera a actividade de máis de 2.000 crianzas no contexto formativo das Escolas Deportivas de Lugo co beneficio social que esto implica”, sinalou o edil desta área, Jorge Bustos.

As modalidades ofertadas son baloncesto, balonmán, béisbol, esgrima, loita olímpica, patinaxe, aikido, triatlón, piragüismo, rugby, taekwondo, tenis, tenis de mesa, ximnasia rítmica, hóckey en liña e waterpolo. “ Estas escolas, algunha novas e outras de gran tradición na nosa cidade, levan anos permitindo que as diferentes modalidades gañen novos deportistas o que aumenta o nivel deportivo dos clubs ao tempo que facilita as relacións persoais, a integración e a realización persoal da nosa mocidade”, relatou Bustos que destaca o carácter popular desta actividade.

“Corresponde ás diferentes organizadores fixar as tarifas de cada unha das actividades que se impartirán, pero todas son accesibles. De feito, moitas son de matrícula gratuíta como o rugby ou o taekwondo e outras supoñen un pequeno gasto destinado a cubrir unha pequena parte do custe formativo ou do material empregado”, explicou o concelleiro.

A actividade das diferentes escolas, destinadas a nenos de 3 a 18 anos, comezará en outubro, aínda que a inscrición permanece aberta aínda un tempo por parte dos clubs organizadores. Os polideportivos do Pombal, o Daniel Cordido, a piscina municipal de Frigsa, a Casa do Deporte, o campo Germán López Vila, a piscina de As Pedreiras e o Pavillón Municipal dos Deportes serán as sedes das escolas. Esta colaboración do Concello, cuxo obxectivo é fomentar o deporte base, supón un esforzo organizativo importante. “Contamos cunha completa rede de instalacións deportivas onde se pode practicar un gran número de disciplinas, por iso consideramos  fundamental contribuír cunha proposta de lecer que vira ao redor de prácticas e valores saudables. Estamos a falar de idades onde o deporte pode axudar de forma extraordinaria ao desenvolvemento persoal”, concluíu Bustos. 

Noticias relacionadas