Intercambio cultural e educativo entre o alumnado lugués do IES Ánxel Fole e o italiano dun centro de Catania

Luns, 16 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Intercambio cultural e educativo entre o alumnado lugués do IES Ánxel Fole e o italiano dun centro de Catania

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns, no Salón de Comisións da Casa Consistorial, un grupo duns 10 estudantes de segundo de bacharelo dun centro italiano de Catania e dúas mestras, que participan estes días nun intercambio cultural e educativo co instituto lugués Ánxel Fole. No encontro, no que tamén participou profesorado e alumnos e alumnas de Lugo, Lara Méndez, deulle a benvida a Lugo ao grupo italiano, aos que lles explicou os distintos atractivos da cidade, dende os tres Bens Mundiais que atesoura ata a gastronomía pasando polas festas.

Un ano máis, o centro italiano escolle Lugo para promover este tipo de intercambio, pensando para que rapaces e rapazas de ambos países compartan distintas experiencias e coñezan os aspectos culturais e sociais das outras respectivas cidades, beneficios nos que fixo fincapé a rexedora durante a recepción.

Tras a visita á Casa Consistorial, os alumnos e alumnas achegáronse a coñecer o Centro de Interpretación da Muralla.

Multimedia

  • Intercambio cultural e educativo entre o alumnado lugués do IES Ánxel Fole e o italiano dun centro de Catania

Noticias relacionadas