José Tomé e Lara Méndez visitan as obras de mellora das rúas da Aguia e Vila de Sarria, froito da colaboración de Deputación e Concello

O Presidente da Deputación e a Alcaldesa de Lugo supervisaron  os traballos realizados ao abeiro dun convenio asinado entre as dúas administracións, a través do que o organismo provincial achegou 55.000€

As actuacións implican a humanización da zona de Recatelo e a renovación do firme dunha rúa na barrio das Gándaras.

Tomé Roca subliñou a importancia de colaborar e cooperar cos concellos para sacar adiante proxectos que melloren o día a día da veciñanza da provincia.

Lara Méndez lembrou que estas obras, moi demandadas pola veciñanza estaba contempladas no Plan de Barrios do Concello xa deseñado no mandato anterior.

Xoves, 27 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
José Tomé e Lara Méndez visitan as obras de mellora das rúas da Aguia e Vila de Sarria, froito da colaboración de Deputación e Concello

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez supervisaron este xoves os traballos de pavimentación que se están executando nas rúas lucenses da Aguia e Vila de Sarria. Acompañados da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e da edil de Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, os dirixentes destacaron a importancia da colaboración entre administracións, que neste caso se plasma nun investimento de 55.000 euros por parte da entidade provincial na mellora destas rúas, actuacións que se inscriben no Plan de Barrios posto en marcha pola rexedora lucense.

Tomé Roca subliñou o valor da cooperación cos concellos para sacar adiante proxectos que melloren o día a día da veciñanza da provincia. “A Deputación é unha administración moi próxima aos concellos e así se demostra en cada paso e decisión que adoptamos. Estamos ao servizo da cidadanía, e debemos escoitar as súas necesidades e ter en conta as súas propostas á hora de deseñar as nosas actuacións, aquí vemos un exemplo do que estou a dicir: o Concello de Lugo trasladounos a necesidade de pavimentar estas dúas rúas e nós cooperamos para levala á práctica”, expuxo o Presidente provincial.

A Alcaldesa lembrou que as actuación foron froito do convenio asinado a finais do mandato pasado, e agradeceu á Deputación a súa implicación para levar adiante esta dúas obras, “moi demandadas pola veciñanza e que xa as contemplamos no Plan de Barrios, e que nos permiten seguir co traballo de humanización dos barrios seguindo co noso modelo de cidade sostible”.

As obras da rúa de Vila de Sarria, que se atopan na súa fase final, contemplan a humanización da zona, creando unha destacable zona de paseo para todos e todas as lucenses na zona de Recatelo nunha rúa que non ten tránsito de coches, pero na que a miúdo aparcan vehículos que obstaculizan o itinerario peonil e deterioran os pavimentos. Esta obra complementarase nun futuro coa peonalización de varias rúas dunha zona próxima á Muralla e ó Casco Histórico.

En canto á rúa da Aguia, nas Gándaras, as actuacións, xa rematadas, consistiron en reforzar o pavimento existente coa execución dunha capa de aglomerado en quente e delimitación da rúa mediante a substitución da sinalización vertical existente.

Multimedia

  • José Tomé e Lara Méndez visitan as obras de mellora das rúas da Aguia e Vila de Sarria, froito da colaboración de Deputación e Concello

Noticias relacionadas