Lara Méndez condecora ca Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela Sanfiz

Xoves, 14 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez condecora ca Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela Sanfiz

A rexedora lucense, Lara Méndez, participou esta maña nos actos institucionais  organizados para celebrar o Día da Subdelegación de Defensa,  na Sede da Subdelegación de Defensa.

No acto procedeuse á lectura do decreto de creación da Subdelegación e á entrega de condecoracións sendo: a Placa da Orde de San Hermenegildo ao brigada do Exército do Aire Carlos Rodrigo Rodríguez  Cabada, que impuxo a condecoración o coronel  Antonio Bernal Martín; a Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela  Sanfiz, condecorado pola alcaldesa de Lugo e a Cruz do mérito naval con distintivo branco para Enrique Rozas a cargo do capitán de navío Fernando Brinquis Crespo.

Multimedia

  • Lara Méndez condecora ca Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela Sanfiz
  • Lara Méndez condecora ca Placa da Orde de San Hermenegildo ao subtenente do aire Jesús Longarela Sanfiz

Noticias relacionadas