Lara Méndez destaca o inmenso traballo de Esther Eiros, a xornalista progoeira do San Froilán, na promoción de Lugo

A Alcaldesa lucense destacou a súa traxectoria, “que durante máis de 30 anos trasladou a miles de fogares de toda España a nosa riqueza histórica, patrimonial e gastronómica”.

Esther Eiros destacou a importancia do xornalismo na proxección turística e falou da necesidade de apoiar á industria vinculada co sector turístico tras os anos de pandemia.

A recoñecida profesional da radio, voz do programa ‘Gente Viajera’, recibiu de mans da rexedora lucense un baúl de viaxe conmemorativo da súa condición de pregoeira 2022.

Mércores, 05 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o inmenso traballo de Esther Eiros, a xornalista progoeira do San Froilán, na promoción de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu hoxe, xunto a pregoeira Esther Eiros, o pistoletazo de saída do San Froilán 2022, destacando o inmenso traballo realizado pola xornalista lucense para a promoción de Lugo ao fronte do programa ‘Xente Viaxeira’ durante máis de 30 anos, “trasladando as bondades da nosa cidade e toda a nosa riqueza histórica, patrimonial e gastronómica aos fogares do miles de oíntes que a seguían en toda España”. “Grazas Esther por faciltarlle a Lugo o acceso aos corazóns de todo o país”, destacou.

A rexedora aseverou que “é unha grande honra que hoxe nos acompañe unha figura clave na promoción de destinos turísticos e unha xornalista cunha traxectoria intachable”.

Ante unha multitude de persoas congregadas na Praza Maior, a rexedora destacou a gran implicación da veciñanza de Lugo cos festexos do seu patrón tras dous anos de pandemia e tras o San Froilán desenvolvido o ano pasado, “que nos devolveu á normalidade, aínda que con resticións, e que encheu de ilusión especialmente aos máis pequenos”, dixo. “Outubro volta a ser agora sinónimo de feiral, de mercado, de música e olor a polbo nas casetas. De tradición e folclore. De rúas ateigadas e postos de comida e artesanía. De charangas, desfiles e espectáculos. De reunións familiares e de amigos, de visitantes, en resumo, dunhas festas vivas que se desenvolven sen complexos e que vos convido a gozar como nunca”, incidiu.

Na lectura do pregón estiveron presentes as e os concelleiros do equipo de Goberno e do resto da Corporación municipal, así como autoridades das distintas administracións como o presidente da Deputación, José Tomé; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o delegado da Xunta, Javier Arias, e o Vicerreitor da USC, Francisco Fraga, entre outros.

Pola súa banda, Esther Eiros agradeceu a oportunidade de ser a pregoeira e puxo de relevo a importancia do xornalismo para potenciar a economía turística, así como a necesidade de apoiar a industria vinculada co turismo, especialmente tras os duros anos de pandemia, tamén desde os fondos Next Generation.

Ademais, a xornalista non quixo esquecerse de reivindicar mellores comunicacións para Lugo, para que a cidade non perda oportunidades.

Antes da súa intervención, recibiu de mans da rexedora lucense un baúl de viaxe conmemorativo da súa condición de pregoeira 2022. No mesmo estaba gravado: “Un baúl de experiencias, un baúl de lembranzas, ... un anaco de Lugo para que te acompañe nas túas viaxes”.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca o inmenso traballo de Esther Eiros, a xornalista progoeira do San Froilán, na promoción de Lugo
  • Lara Méndez destaca o inmenso traballo de Esther Eiros, a xornalista progoeira do San Froilán, na promoción de Lugo

Noticias relacionadas