Lara Méndez recibe no Concello ao alumnado de Toulouse que estes días se atopa de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes

Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello ao alumnado de Toulouse que estes días se atopa de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibía hoxe no Salón de Plenos a 24 alumnas e alumnos procedentes da localidade francesa de Toulouse que estes días se atopan facendo un intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes.

Durante o encontro, a rexedora aproveitou para explicarlles o funcionamento e organización da administración local así como outras características demográficas e sociais de interese do municipio.

Noticias relacionadas