Lara Méndez reclama o apoio sen fisuras de toda a sociedade lucense para loitar contra a violencia de xénero

A alcaldesa pide avanzar na protección das mulleres contra as agresións sexuais, en aumento desde 2019 e a fenda salarial, que ainda supera o 18%.

Pide reforzar as medidas de conciliación, onde a porcentaxe de excedencias solictadas para coidados de familiares recaen nun 85% nas mulleres.

A rexedora, que estivo acompañada pola responsable da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, alertou da ameaza que supoñen para esta causa as opcións negacionistas.

Sábado, 25 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reclama o apoio sen fisuras de toda a sociedade lucense para loitar contra a violencia de xénero

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no acto de lectura do manifesto e ofrenda floral con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebrou ás 12 horas fronte a Árbore da vida, na praza de Santo Domingo. Tras a lecutra do manifesto, que correu a cargo dunha representación de xogadoras dos equipos feminino e genuine do CD Lugo, a rexedora reclamou o apoio sen fisuras de toda a sociedade lucense para loitar contra a violencia de xénero e recordou que este ano está a ser especialmente grave con 53 mulleres asasinadas no noso país, 2 en Galicia.

“É esta expresión violenta a máis dramática e brutal exercida contra as mulleres, pero existen moitas outras manifestacións que deben ser tamén visibilizadas, denunciadas e combatidas de forma estrutural”, afirmou Méndez ,quen ve necesario avanzar en aspectos como a protección das mulleres contra as agresións sexuais, en aumento desde 2019, a fenda salarial, que ainda supera o 18% ou as medidas de conciliación, onde a porcentaxe de excedencias solictados para coidados de familiares recaen nun 85%  nas mulleres.

A rexedora que estivo acompañada pola responsable da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, solicitou un respaldo sen fisuras para esta causa ante a ameaza de recordes que experimenta España coa chegada ao poder das opcións negacionistas. “Ademais dos 53 asesinatos no ámbito da parella ou exparella, os feminicidios cometidos fóra deste círculo revelan datos alarmantes. Isto sucede nun contexto político onde determinadas opcións políticas, desde as suas áreas de xestión pública, inician un preocupante proceso de recorte de recursos destinados a combater este problema social, arrastrando así na súa deriva as forzas coas que gobernan”, dixo. Por iso é necesario solicitar un compromosio firme por parte de toda a sociedade: veciñanza, do tecido asociativo e dos partidos políticos para que ter un Lugo libre de violencia machista”, manifestou Méndez antes de amosar a súa solidaridade coas vítimas e as súas familias.

Así mesmo, a alcaldesa destacou os avances lexislativos acadados ao longo do século XXI en España facendo fincapé na importancia da aprobación da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero de 2004 e renovación do Pacto de Estado contra la violencia machista promovido polo Goberno de España en 2021 que permite blindar o seu financiamento. “Sen o marco legal promovido polos gobernos socialistas, a capacidade de actuar das distintas administracións tamén sería mínima. O noso Goberno local, desde as súas competencias leva a cabo unha acción política onde a perspectiva de xénero sempre está presente. Pero ademais conta coa Casa da Muller como ferramenta integral de axuda ás vítimas e os seus fillos e fillas”, concluíu.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o 25-N | Descargar

Multimedia

  • Lara Méndez reclama o apoio sen fisuras de toda a sociedade lucense para loitar contra a violencia de xénero

Noticias relacionadas