Lara Méndez supervisa o fin de obras das pistas do Palomar, nas que se investiron 116.000 euros e que se reabren o luns

A reforma incluíu o acondicionamento dos firmes das canchas de baloncesto e fútbol, a Impermeabilización da zona e a renovación dos equipamento.

A alcaldesa de Lugo destacou a importancia de mellorar e ampliar as instalacións deportivas xa que “para nós é prioritario fomentar hábitos de vida saudable na veciñanza”

Sábado, 04 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa o fin de obras das pistas do Palomar, nas que se investiron 116.000 euros e que se reabren o luns

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, supervisou a finalización das obras de reforma do Polideportivo do Palomar, que o vindeiro luns, día 6, abre de novo ás súas portas aos usuarios.

 A rexedora destacou “a importancia de mellorar e ampliar as instalacións, ademais da construción de novas xa que somos unha cidade cun número moi elevado de xente que práctica deporte e para nós é prioritario fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza”.

 A reforma abarcou o “firme de todo o recinto xa que as pistas de baloncesto e fútbol sala presentaban un elevado grao de deterioro debido ás humidades do terreo no que se asentan, pero tamén polo uso intensivo que se fai das mesmas. Tamén actuamos nos equipamentos, destacando o cambio das canastras, e impermeabilizamos e pintamos as dependencias”, explicou Méndez, que incidiu en que “dotamos a este espazo dunha superficie segura, de última xeración adaptada á normativa actual e ás esixencias técnicas”.

 Mauricio Repetto comentou que o acondicionamento supuxo un investimento de 116.735 euros. “Estamos a realizar un esforzo inversor moi importante para favorecer a práctica de múltiples modalidades deportivas, tanto as moi demandadas como as minoritarias”.

Multimedia

  • Lara Méndez supervisa o fin de obras das pistas do Palomar, nas que se investiron 116.000 euros e que se reabren o luns

Noticias relacionadas