Lugo acolle a sexta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

As 4 representacións desta edición terán entre o 16 e o 30 de setembro.

A entrada a cada unha das representacións será libre.

Arroxo presentou as 21 actividades que conforman o programa do San Froilán Miúdo.

Luns, 11 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle a sexta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

Rubén Arroxo, tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, presentou a sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Arroxo afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.

A sexta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 16 e o 30 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

  • 16 de setembro ás 20:30 –Microtirulos, de Tiruleque Teatro.
  • 17 de setembro ás 18:30 – A Liorta, de Avelaíña Teatro.
  • 24 de setembro ás 18:30 – Camiños e Carreiros, de Andaravía Teatro.
  • 30 de setembro ás 20:30 – O Randiña, de Pico do Castro.

Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio.

San Froilán Miúdo

O tenente de Alcaldesa presentou as actividades do San Froilán Miúdo, “21 espectáculos de diferentes estilos para público familiar, que terán o seu escenario principal na carpa do aparcadoiro do Seminario, pero que tamén contarán con espectáculos itinerantes que encherán as rúas de animación”.

O San Froilán Miúdo conta cunha selección de espectáculos de baile, xogos tradicionais, teatro, animación de rúa e actividades itinerantes a cargo de compañías con recoñecemento a nivel galego, estatal e internacional. “Lugo conta cunha importante programación para público familiar ao longo do ano, no San Froilán continuamos a achegar ás rúas de Lugo unha serie de espectáculos de calidade para as máis pequenas e pequenos”, explicou Arroxo.

Programa San Froilán Miúdo

Mércores 4:

  • 18.30 h. Ritmo Lugo. Exhibicións de baile na Carpa do San Froilán Miúdo.

Xoves 5:

  • 11.00 h. “Xogos XL do mundo” de Ludiespai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de xogos de madeira para as persoas dos 3 aos 103 anos. Dende ás 11 h até ás 14 h e das 16h até ás 18h.
  • 12.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
  • 17.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
  • 18.30 h. “A punta do meu nariz” de Kolektivo Kónikas na Carpa do San Froilán Miúdo.

Venres 6:

  • 17.00 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza da Soidade.
  • 18.30 h. “The Crazy Mozarts” de Mundo Costrini na Carpa do San Froilán Miúdo.
  • 19.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza da Soidade.

Sábado 7:

  • 11.00 h. “Xogos en Familia” de Ángeles de Trapo na Carpa do San Froilán Miúdo. Xogos artesanais de madeira para toda a familia. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
  • 12.30 h. “Girafes” de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 17.30 h. “Girafes” de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 18.30 h. “El Mêtre” de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.

Domingo 8:

  • 11.00 h. “LARUN” de Jokai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de Xogos de madeira inspirados na mitoloxía vasca. Das 11.00h ás 14.00h e das 16h ás 18.00h.
  • 18.30 h. “Le Voyage” de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.

Luns 9:

  • 18.30 h. “Rodeo” de La banda del otro na Carpa do San Froilán Miúdo.

Martes 10:

  • 18.30 h. “Carilló” de Cia. LaTal na Carpa do San Froilán Miúdo.

Mércores 11:

  • 18.30 h. “Globe Story” de El perro azul teatro na Carpa do San Froilán Miúdo.

Xoves 12:

  • 11.00 h. “Orkestròniat” de Cia. La Cresta na Carpa do San Froilán Miúdo. Instalación interactiva para toda a familia con instrumentos musicais realizados con refugallos. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
  • 12.30 h. “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 17.30 h. “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 18.30 h. “Teatime” de Cirkofonik na Carpa do San Froilán Miúdo.

Audio

  • Rubén Arroxo, tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, sobre o teatro afeccionado | Descargar mp3

Noticias relacionadas