Lugo celebra a festividade de San Roque

Xoves, 16 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 Lugo celebra a festividade de San Roque

Como é tradición, membros da Corporación local, baixo a presidencia da Alcaldesa, Lara Méndez, tomaron parte este xoves nos actos de conmemoración da festividade de San Roque. A comitiva, acompañada pola Garda de Gala, partiu en formación dende a casa consistorial ata chegar á capela de San Roque, onde asistiu á misa na honra deste santo. Cúmprese así o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que invocou protección en 1768 para facer fronte a unha epidemia de peste de mediados do século XVIII.

A Alcaldesa, a preguntas dos medios de comunicación sobre cal é a súa petición a San Roque neste 2018, afirmou que este ano “o que compre é pedir que nos axude a combater a praga da velutina, dado que como a Xunta di non ter competencias e a única solución que nos dá e convivir con ela, o que pedimos é que San Roque nos bote unha man aos lucenses e a todos os galegos para que inspire ao Goberno galego e ver cal é a senda a seguir para eliminar este problema”.

Noticias relacionadas