Lugo celebra o Día da Menopausa cunha charla-merenda informativa para afondar nesta etapa vital da muller

Luns, 17 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo celebra o Día da Menopausa cunha charla-merenda informativa para afondar nesta etapa vital da muller

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Muller e Igualdade que lidera Silvia Alonso, celebrará o Día da Menopausa cunha charla-merenda informativa para afondar nesta etapa vital da muller. Será o propio día da menopausa, que se conmemora o 18 de outubro, ás 18.00 horas, no salón de actos do centro de convivencia Maruja Mallo. A entrada é libre e gratuíta.

Silvia Alonso explicou que a actividade ten como obxectivo "profundizar nos síntomas da menoapusa e nas accións para previr os síntomas e combatelos, rachar cos mitos que a rodean e dar a coñecer os tratamentos dispoñibles". Nesta liña, fixo un chamamento para que a veciñanza participe nesta cita.

A charla correrá a cargo de Berta Pérez Landín, responsable técnico do CIM do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, quen colabora coa Concellería na visibilización desta data. Nesta liña, Concello e Colexio Oficial editaron diversos folletos que se entregarán en todas as oficinas de farmacia do municipio de Lugo.

Noticias relacionadas