Lugo recibe esta ponte da Constitución máis do doble de turistas que na do pasado ano

Pola Oficina Municipal de Turismo e a rede museística municipal pasaron preto de 2.200 turistas ao longo dos últimos 9 días. Nas andainas pola cidade organizadas polo Concello para animar estes días participaron 154 persoas

Esta ponte festiva “é o colofón dun ano dos máis importantes turisticamente para Lugo, onde mes tras mes vemos como máis turistas elixen a nosa cidade ao longo de todo o ano”, subliñou Basadre

Luns, 12 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo recibiu na Oficina Municipal de Turismo e na rede museística municipal preto de 2.200 turistas nesta Ponte da Constitución, máis do doble que nesta mesma ponte do pasado ano. Así o indicou este luns a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen asegurou que esta ponte festiva “é o colofón dun ano dos máis importantes turisticamente para Lugo, onde mes tras mes vemos como máis turistas elixen a nosa cidade ao longo de todo o ano”. Isto, para a edil, é un aliciente para seguir traballando co obxectivo de mellorar as alternativas, servizos e promoción exterior de Lugo, para conseguir consolidar o turístico como un dos sectores máis importantes da economía luguesa.

A Concelleira ensalzou a consolidación do turismo nacional, posto que durante os últimos 9 días, polo centro da Praza do Campo e os distintos museos pasaron 2.131 turistas nacionais, o que supón un 97,5% do total. Dentro da comunidade galega, os que máis interese amosaron por coñer Lugo foron Coruña e Pontevedra. Ata a Oficina Municipal de Turismo tamén se desprazaron europeos e americanos.

Carmen Basadre tamén fixo fincapé na boa acollida das andainas pola cidade que tiveron lugar nos últimos días, un plan que o Concello ofrecía para animar estes días da Ponte, na que participaron 154 persoas. O número máximo por percorrido era dunhas 20 persoas, e o día 6, tivo que desdoblarse ao anotarse 40 persoas.

Noticias relacionadas