Medio Ambiente resolve de madrugada unha segunda fuga detectada na rede municipal en Marqués de Ombreiro

O abastecemento de auga quedou restablecido ás 02:00 horas do venres cando finalizou a reparación da avaría

Venres, 24 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente resolve de madrugada unha segunda fuga detectada na rede municipal en Marqués de Ombreiro

Medio Ambiente resolvía esta pasada madrugada unha avaría detectada a última hora do xoves na rede municipal de Marqués de Ombreiro.

A fuga tivo lugar ás 19:30 horas no mesmo punto no que xa o pasado sábado rompía outra tubaxe da canalización, volvendo afectar ás vivendas da marxe dereita desta vía ata a súa confluciencia con Alcalde Carlos Vázquez Pimentel e tamén á Avenida dos Deportes, segundo explicaba o edil Álvaro Santos que atribuíu a incidencia á antigüidade da rede neste punto da cidade e ao seu desgaste.

O concelleiro permaneceu na zona ata que a fuga quedou solventada, ás dúas da madrugada, para o que foi preciso, ao tratarse dun horario que excedía da xornada laboral da brigada municipal, contratar a unha empresa polo procedemento de emerxencia que asumira a reparación da incidencia.

Noticias relacionadas