Muller e Igualdade visibilizará a reivindicación dunha igualdade salarial co espectáculo de maxia "Igualdade, onde estás?"

Trátase de conmemorar os días significativos con perspectiva de xénero e pór en valor e apoderarse da cultura feminista.

A proxección terá lugar na Praza Maior, o propio día 22, ás 11.00h – para escolares -  e a partir das 18:00 horas para o público en xeral, cunha entrada aberta e gratuíta.

Luns, 20 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade visibilizará a reivindicación dunha igualdade salarial co espectáculo de maxia "Igualdade, onde estás?"

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Muller e Igualdade que dirixe Silvia Alonso, visibilizará a reivindicación dunha igualdade salarial que elimine a fenda entre as retribucións que perciben as mulleres e os homes pola realización de idéntico traballo.

Trátase do espectáculo de maxia "Igualdade, onde estás?", na Praza Maior a cargo da Maga Fani. Realizarase unha sesión ás 11.00 da mañá para escolares, na que participarán máis de 300 nenos e nenas dos colexios de Casás, As Gándaras, Illa Verde e Quiroga Ballesteros. Estando previsto que, ás 18.00 horas se repita o espectáculo para un público familiar,xornada aberta á cidadanía e gratuíta.

A protagonista deste espectáculo naceu un 8 de marzo de 1975. A súa nai considera esta coincidencia un claro sinal dunha misión, e decide chamala Esperanza Marzal. Esperanza Marzal traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas polas rúas, acadar os mesmos postos de traballo que calquera outra persoa, conciliar a vida laboral e familiar, etc.

Noticias relacionadas