- Tema
Venres, 09 de marzo de 2012
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou a VII e VIII Proba da Liga Ibérica Agility que se vai celebrar en Lugo os días 31 de marzo e 1 de abril na Casa da Xuventude.
O Agility é unha competición na que pode participar calquer can, teña ou non pedigree, e o único requisito é ter máis de ano e medio. Nesta competición haberá presenza de entre 60 e 70 cans de Portugal, Asturias e Castela e León.
O prazo de inscrición nas probas caninas remata o próximo 26 de marzo e deberá facerse a través do correo electrónico canedupo@gmail.com