O Centro Comercial As Termas acolle este domingo as diferentes categorías do 17º Circuíto Larsa Corre con nós

O entorno deste centro comercial será o lugar de celebración da terceira das probas, onde colexios, familias e equipos dispútanse as distintas clasificacións non individuais

Sábado, 18 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O entorno do Centro Comercial As Termas acollerá este domingo a terceira das probas do 17º Circuíto Larsa Corre con nós, que organiza o Concello, e que vai gañando adeptos a medida que avanzan as súas probas. O circuíto mixto, de asfalto e terra fará mais atractiva a proba, máis tendo en conta que as previsións meteorolóxicas para a hora do evento son favorables, temperaturas suaves e ceos parcialmente soleados.

Con saída e chegada no aparcamento superior deste centro comercial, os horarios son os que seguen:

  • 12:00: minibenxamín(entre 2010 e 2012): 400 metros.
  • 12:10: benxamín / alevín (entre 2006 e 2009): 1.700 metros.
  • 12:20: infantil / cadete (entre 2002 e 2005): 2.335 metros.
  • 12:40: adultos (2001 e anteriores): 4.670 metros.

Nestes momentos hai un total de 29 colexios participantes, clasificación que encabeza o CEIP Illa Verde, seguido no CPR Padres Franciscanos e o CEIP Anexa. Das 89 familias inscritas, a de Eugenio Caerio é a que lidera a clasificación, por diante da de José Antonio Viña e Rocío Díaz.

Ademais, compiten 33 equipos nesta 17ª edición deste circuíto de carreiras populares, sendo os primeiros clasificados, a día de hoxe, en equipos mixtos, o Penarrubia, en masculinos, o Marraners, e feminino, o MTC Loures.

En categoría individual masculina encabeza o circuíto Nicolás Arroxo, seguido de Gustavo Platas e Juan Pena. En canto á clasificación da categoría feminina, está liderada por Silvia Fernández, con Ana Belén González e Sara López nos postos de honra. A xeral de adultos compensada ten a Josefina Castro, como primeira clasificada de xeito provisional, seguida de Fernando Porto e de Higinio Rodríguez.

Noticias relacionadas