- Tema
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Vicerreitor da USC en Lugo, Carlos Herrero, e Jesús Castro, responsable da área de deportes da USC, presentaron o programa de actividades deportivas que se ofertará no curso 2009-2010 aos estudantes do Campus lucense.
O Concelleiro explicou que “o Concello pon á disposición do colectivo universitario todas as súas instalacións deportivas para que os universitarios poidan continuar a facer deporte na nosa cidade”. Ademais, Díaz Grandío indicou que “o ámbito deportivo é idóneo para que os estudantes que veñen de fóra da cidade se sintan máis lucenses e se integren á vida diaria de Lugo”.
As actividades comezan hoxe, luns 26 de outubro, e haberá unha semana de portas abertas coa que se poderá tomar contacto coas mesmas. As actividades están condicionadas a un número mínimo de inscricións que se poden realizar na Oficina de deportes do Campus de Lugo dende o pasado 13 de outubro.
Son un total de 14 disciplinas distintas que se desenvolverán en diferentes instalacións deportivas da cidade:
Aula de deporte e cultura da Facultade de Veterinaria:
- Ximnasia de mantemento: Luns e mércores de 20.15 a 21.15 h. 1º Cuad: 35 €; anual: 64 €.
- Aeróbic + Steps: Martes e xoves de 20.30 a 21.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
- Mantemento + Aeróbic + Steps:
1º Grupo: martes e xoves de 19.30 a 20.30 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
2º Grupo: luns e mércores de 21.15 a 22.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
- Pilates:
1º Grupo: luns e mércores de 08.15 a 09.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
2º Grupo: luns e mércores de 18.00 a 18.45 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
3º Grupo: martes e xoves de 21.15 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
- Taichi: Martes e xoves de 08.30 a 09.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
- Danza Oriental: Unha hora e media semanal: 1º Cuad: 63 €; anual: 113 €.
1º grupo: luns de 18.45 a 20.15 h.
2º grupo: xoves de 18.00 a 19.30 h.
Tres horas semanais: luns e xoves, 1º Cuad: 100 €; anual: 180 €.
Ximnasio da Piscina das Pedreiras:
- Ioga:
Unha hora e cuarto semanal: martes ou xoves de 19.00 a 20.15 h. 1º Cuad: 45 €; anual: 80 €.
Dous días a semana: martes e xoves de 19.00 a 20.15 h. 1º Cuad: 80 €; anual: 144 €.
Ximnasio do Pazo de Deportes
- Esgrima: Martes e xoves de 21.00 a 22.30 h. 1º Cuad: 60 €; anual: 108 €.
- Acondicionamento físico:
1º Grupo: martes e xoves de 09.00 a 10.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
2º Grupo: luns e mércores de 21.00 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
3º Grupo: martes e xoves de 21.00 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
- Tiro con arco: Práctica libre; luns e martes de 16.00 a 17.30 horas. Durante o ano haberá cursos de iniciación e perfeccionamento.
ACTIVIDADES EXTERNAS con descontos para a USC
- Padel: Actividade que se desenvolve no Club Padel Nuestro, no Polígono do Ceao. Con prezos especiais para universitarios. Esta instalación tamén conta con ximnasio e sauna.
- Hípica: Cursos mensuais no Club Hípico Equs:
Iniciación, perfeccionamento: unha hora semanal 50 €/mes; dúas horas semanais 85 €/mes.
“Pony club”: media hora semanal, venres ou sábados: 35 €/mes.
- Corre con nós: A Universidade de Santiago ten un equipo de atletismo de membros da comunidade universitaria para participar de xeito gratuíto no Circuíto de carreiras Corre con nós que organiza o Concello de Lugo.
- Club Fluvial de Lugo: A USC ten suscrito un convenio co Club Fluvial de Lugo para poder facer uso a prezo reducido das súas instalacións aos alumnos de 1º e 2º ciclo dende as 08.00 até as 17.00 h. Esta instalación conta con piscina climatizada, ximnasio e sauna.
- Outros deportes: Durante o ano, levaranse a cabo cursos puntuais de distintas disciplinas deportivas, que serán anunciados no seu momento.