O Concello de Lugo enxalza o papel estratéxico da madeira para a economía sustentable no Día Mundial dos Bosques

O portavoz do goberno, Miguel Fernández, participou esta mañá, en nome da alcaldesa, Lara Méndez, no acto organizado pola Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira.

 
Luns, 22 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo enxalza o papel estratéxico da madeira para a economía sustentable no Día Mundial dos Bosques

O portavoz do goberno e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, e o edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto participaban hoxe, en nome da alcaldesa, Lara Méndez, no acto organizado pola Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira en Lugo, con motivo do Día Mundial do Bosques.

O responsable da área de Medio Rural quixo enxalzar a importancia dos bosques nos seus diferentes aspectos, ecolóxico, económico, ambiental, paisaxístico, cultural e de loita contra o cambio climático e pola sostibilidade en tanto “ é imprescindible incidir na concienciación da cidadanía ao respecto”.

Un dos piares da segunda gran transformación da cidade que está levando a cabo Lara Méndez é o Urbanismo Sostible. Dentro do cal, o Concello, da man da Universidade e do Campus Terra, está apostando de forma decidida polo I+D+I co obxectivo, non só de que a transformación da madeira adquira un valor engadido, senón de que os seus usos tamén o teñan e se convertan en elementos estruturais das novas edificacións pola mellora ambiental que propician, ao tempo que se fomenta o sector forestal na provincia e se favorece o asentamento de poboación no rural”, explicou Miguel Fernández.

O concelleiro de Medio Rural finalizou a súa intervención desexándolle unha exitosa traxectoria á Asociación organizadora do acto.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o Día Mundial dos Bosques | Descargar mp3
 

Multimedia

  • O Concello de Lugo enxalza o papel estratéxico da madeira para a economía sustentable no Día Mundial dos Bosques

Noticias relacionadas