O Concello de Lugo organiza cursos de iniciación á hípica durante os meses de xullo e agosto

Xoves, 12 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío , en colaboración co Club Rubiás Hípico Equus, organizou para este verán unha serie de cursos de iniciación á hípica.

O obxectivo é aumentar o abano de actividades deportivas nos meses de xullo e agosto e, ao mesmo tempo, contribuír a fomentar un deporte saudable e consolidar a súa práctica.

A escola ofertará cursos de iniciación, que se impartirán entre o 7 de xullo e o 28 de agosto, van destinados a rapaces de 5 a 7 anos e maiores de 8 anos con desexos de iniciarse na hípica. As clases terán lugar nas instalacións do club de hípica Equus ( A Vila de Rubiás, Estrada de Asturias).

Os interesados en participar deben formalizar a súa nas oficinas de Deportes do Concello situadas na Piscina de Frigsa. O prazo para a inscrición rematará ao cubrirse todas as prazas. Esta actividade ten un custe de 15 euros para os rapaces e rapazas de entre 5 e 7 anos e de 30 euros para os maiores de 8 anos.

Noticias relacionadas